EFEverde en Galego

Mar pecha cinco polígonos de mexillón na ría de Vigo

  • Por presenza de toxina lipofílica.

Mar pecha cinco polígonos de mexillón na ría de Vigo Fotografía de arquivo de grupo de bateas, dedicadas ao cultuvo do mexillón. EFE/Lavandeira jr

EFEverde.- A Consellería do Mar determinou hoxe o peche de cinco polígonos de bateas de mexillón na ría de Vigo por presenza de toxina lipofílica en cantidades superiores ás legalmente establecidas.

De acordo coas análises do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), trátase dos polígonos Cangas G, H, C e D e Vigo A, todos eles de cultivo do mexillón.

Hoxe, o instituto informa da situación de peche dos polígonos de viveiros flotantes da ría de Ares-Betanzos Sada 1 e Sada 2; na de Arousa, permanecen abertos 17 polígonos e cerrados oito.

Tamén está prohibida a extracción en Baiona A, Corme B, nas rías de Baiona e Corme-Laxe; e permanecen cerrados Muros A, B e C e Noia A, na ría de Muros e Noia; Cangas A e B, Bueu B, A2 e A1 e Portonovo A, B e C, na ría de Pontevedra, e, ademais dos primeiros citados, tamén están cerrados os polígonos Cangas E e F, na ría de Vigo, con Redondela A aberto e cerrados Redondela A (ostra) e B, C, D, e E.

En até 17 dos polígonos citados, o Intecmar recolle hoxe mostras, no seu estreito seguimento da evolución da presenza de toxina nas rías galegas. EFEverde

Vota por el Día de la Red Natura 2000 para el premio ciudadanía europea

Vota Natura-2000-Day_WEBSEO_ESP_ENG-copia

Más Información:

http://ec.europa.eu/environment/nature/natura2000/awards/application-2015/award-finalists/index_en.htm




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com