EFEverde en Galego

A Policía Xudicial investiga a orixe do lume na casa de Ferrol Vello

Ferrol, 27 (EFEverde en Galego).- Efectivos da Policía Xudicial da comisaría ferrolá intentan esclarecer a orixe do lume que nesta mañá calcinou unha vivenda abandonada da rúa Santo Antonio, no barrio ferrolán de Ferrol Vello, que xerou unha potente fumeira. Os bombeiros de Ferrol recibiron o aviso do lume ás 8.55 horas desta mañá e desprazaron á zona toda a quenda de garda, con nove persoas, e dous camións, xunto a efectivos da Policía Local e Nacional.

Os bombeiros de Ferrol recibiron o aviso do lume ás 8.55 horas desta mañá e desprazaron á zona toda a quenda de garda, con nove persoas, e dous camións, xunto a efectivos da Policía Local e Nacional.

As chamas consumiron un inmoble de planta baixa e un piso que estaba deshabitado. Xerou unha potente fumeira que obrigou os veciños da zona a pecharen portas e xanelas.

Non houbo feridos nin foi necesario desaloxar os veciños e o lume foi dado por extinguido dez minutos antes do mediodía, cando os bombeiros ferroláns regresaron ao parque da Gándara, indicaron á Efe efectivos deste corpo.

A orixe do lume non está clara, mais as mesmas fontes apuntan que a Policía Xudicial traballa para indagar cal foi. Apuntan que é frecuente que persoas sen lar pasen a noite nestas casas deshabitadas.

Non é a primeira vez que ocorre un suceso similar nesta barriada portuaria de Ferrol onde abundan as casas semiruinosas e baleiras ás que non é difícil acceder. EFEverde en Galego

1010582

lbh/av




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies