EFEVERDE EN GALEGO

A Plataforma permitirá obras de condución en zonas que non son polémicas

A Plataforma permitirá obras de condución en zonas que non son polémicas

Lugo (EFEverde).- A Plataforma Sarriana polo Río fixo unha valoración "positiva" da reunión que onte á tarde mantiveron algúns dos seus membros con representantes da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) e anunciou que permitirá que continúen as obras de condución do río Sarria naquelas zonas en que o proxecto non xera polémica.

Un dos portavoces desa plataforma, Roberto Irimia, dixo que resulta “positivo” que polo menos parte dos representantes da CHMS accedesen a “reunirse” con estes veciños, afectados polo proxecto de condución do río Sarria, cuxa execución supón un investimento que supera os tres millóns de euros nunha primeira fase.

“Polo menos escoitáronnos e apuntaron as nosas propostas”, dixo Irimia, quen en todo o caso prefire non falar de momento “dun cambio de actitude”, porque aínda non se sabe se “as posibilidades” de que as súas “propostas sexan levadas a cabo son reais”.

Nese sentido, afirmou que “a intención de diálogo foi boa”, mais “hai que ser moi cautos” e “non botar as campás a voar”.

Entre tanto, os membros da plataforma continuarán “acampados” na illa que forma o río ao seu paso pola localidade “á espera de noticias”.

En calquera caso, tamén informou de que, como mostra desa vontade de chegar a un acordo, a plataforma tamén comunicou á CHMS que os seus membros non se oporán a que a empresa concesionaria da obra comece a traballar naquelas partes do proxecto que non son motivo de polémica. EFEverde en Galego

1011162

jrr/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies