EFEverde en Galego

Piden ao alcalde que “indulte” un magnolio na antiga fábrica de tabacos

A asociación ecoloxista Arco Iris pediulle hoxe ao alcalde da Coruña, Carlos Negreira, que "indulte" un magnolio que aínda desafía o seu destino na esquina da rúa Concepción Arenal con motivo das obras na antiga fábrica de tabacos.

Así o expuxo o colectivo nun comunicado, en que asegura que este “histórico exemplar merece ser indultado polo seu gran porte e o seu perfecto estado de conservación”, aínda que precisa dunha serie de traballos de limpeza e poda cando proceder para mellorar a súa vitalidade, engade.

Ante as obras para rehabilitar este espazo que albergará a futura sede xudicial na Coruña, explica Arco Iris, “permanecen de pé, porén, dúas palmeiras e un gran magnolio que poden escapar da motoserra se un brote de clemencia, piedade e compaixón aniña nos aceirados corazóns dos concelleiros ao cargo da operación, a saber Martín e Enrique”.

E aínda que a supervivencia de ambas as dúas palmeiras parece garantida -continúa a asociación- “a teor dos paneis de obra que retratan á perfección como quedará tan fastosa obra unha vez finalizada, non pode dicirse o mesmo do magnolio”, para o que pide o indulto do rexedor.

Arco Iris espera que se diten as ordes oportunas para manter “este patrimonio forestal de todos os coruñeses”. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies