EFEverde en Galego

Un desaparecido e 13 rescatados do pesqueiro español incendiado fronte a Lima

  • A zona da emerxencia está asignada pola Organización Marítima Internacional a Chile e tal como está establecido nos protocolos, o Salvamento Marítimo de España recibiu a información do accidente ao tratarse dun pesqueiro español.

Un desaparecido e 13 rescatados do pesqueiro español incendiado fronte a Lima Fotografía de arquivo dun incendio dun barco pesqueiro. EFE/Arne Schwenk

EFEverde.- Trece tripulantes do pesqueiro español "Guariste I", con base en Vigo (Pontevedra), foron rescatados por outro barco de pesca de España tras sufrir un incendio a 840 millas ao suroeste de Lima (Perú), no océano Pacífico, aínda que o xefe de máquinas está desaparecido, informa Salvamento Marítimo.

Pasadas as seis e cuarto desta mañá (hora española) a Secretaría Xeral de Pesca contactou co Salvamento Marítimo para alertar do incendio do Guariste I, e informar do rescate dos trece tripulantes, deles tres españois, catro caboverdianos e seis indonesios, por parte doutro pesqueiro español, o Balueiro II, con base na Guarda (Pontevedra) e con matrícula do porto asturiano de El Musel de Xixón, que se encontraba a catorce millas da posición do primeiro.

A zona da emerxencia está asignada pola Organización Marítima Internacional a Chile e tal como está establecido nos protocolos, o Salvamento Marítimo de España recibiu a información do accidente ao tratarse dun pesqueiro español.

O capitán do “Guariste I” relatou que tras producirse o incendio, o xefe de máquinas, de nacionalidade peruana e española, quedou atrapado na sala de máquinas, que a tripulación intentou extinguir o incendio do pesqueiro sen éxito e que de inmediato lanzaron as balsas salvavidas ás que subiron os tripulantes con equipamento de seguridade.

Antes de abandonaren o barco conseguiron contactar co pesqueiro español Cervera que estaba a sesenta millas da súa posición e este deu a alerta aos pesqueiros españois que se achaban próximos ao lugar da emerxencia.

O máis próximo, o “Balueiro II”, que estaba a catorce millas, foi o que se encargou do rescate dos trece tripulantes do “Guariste I” que se achaban nas balsas salvavidas.

Ás once e media da mañá (hora española) os rescatados xa estaban no “Balueiro II” mentres continuaba o incendio no “Guariste I” e o xefe de máquinas desta embarcación seguía desaparecido. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies