EFEverde en Galego

Pescadores do cerco logran acordo coa Xunta fixando un tope de capturas

Fotografía de arquivo. EFE

EFEverde.- A conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e os pescadores de cerco alcanzaron hoxe un acordo que establece un tope de captura de 2.000 quilogramos de pesca por barco, ademáis de 600 quilogramos por tripulante, computado semanalmente.

reunion comision sectorial cerco-efe verde

Reunión da comisión sectorial do cerco na conselleria do Mar en San Caetano. EFE/Xoán Rey

Quintana e o voceiro da asociaci√≥n de pescadores de cerco Acerga, Andr√©s Garc√≠a, anunciaron o compromiso ao termo dunha reuni√≥n de d√ļas horas e media na sede da Xunta en Santiago de Compostela.

O tope de capturas comezar√° a aplicarse a partir do vindeiro luns e o representante de Acerga expresou a s√ļa esperanza de que iso permita ao sector do cerco en Galicia prolongar a s√ļa actividade ata outubro pr√≥ximo.

A conselleira agradeceu a “boa vontade de todos os representantes do sector” para acadar un compromiso que permita aos pescadores continuar a actividade canto antes.

Indicou, non obstante, que non hai aínda acordo cos pescadores de arrastre que están pendentes de conseguir un acordo cos representantes de Portugal.

Quintana xustificou a decisi√≥n alegando que, por unha parte, a posibilidade de que cada barco administre semanalmente a cota obedece a que “en inverno, se alg√ļns d√≠as os barcos non poden sa√≠r” a faenar, “poidan facer a cota” durante os catro d√≠as semanais autorizados. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com