EFEverde en Galego

A pesca de xurelo reabriráse o luns para barcos do cerco en Galicia

  • Os barcos de cerco poderán volver faenar tanto na zona norte (8c) como na sur (9a) de Galicia.

A pesca de xurelo reabriráse o luns para barcos do cerco en Galicia Fotografía de arquivo dun pescador arranxando as súas redes de pesca. EFE

EFEverde.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente decidiu reabrir o vindeiro luns a pesca de xurelo (chicharro) para os barcos de cerco galegos que permaneceron parados, tras esgotar a súa cota.

Os buques da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga) terán unha cota de 500 toneladas de xurelo a cambio da cesión de 500 toneladas de caballa (verdel ou xarda) non capturadas, segundo explicou o Ministerio nun comunicado.

Con este intercambio, os barcos de cerco poderán volver faenar tanto na zona norte (8c) como na sur (9a) de Galicia.

Acerga representa a uns 120 buques de cerco e protagonizou mobilizacións e acampadas en Galicia para protestar pola falta de cotas.

O Ministerio decidiu autorizar este cambio de cotas para permitir a volta á actividade dunha frota que permanecía parada, por esgotamento da súa cota de xurelo, e para optimizar, desta maneira, o uso da cota nacional desa especie, segundo o comunicado.

Ademáis, “conséguese un beneficio xeral”, xa que a contrapartida (500 toneladas de caballa non capturadas) empregaráse para reducir a sanción á que está sometida a frota española por sobrepesca en 2009 e 2010, o que favorecerá a todo o sector do Cantábrico e noroeste, que terá máis posibilidades de pesca en 2016.

Unha vez finalizada a campaña, convocaráse a todo o sector e ás autonomías para avaliar a eficacia dos plans de xestión para a frota dos censos do caladoiro do Cantábrico e noroeste. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies