EFEverde en Galego

Persiste o mal tempo con frío e chuvias intensas ás veces tormentosas

  • En altitudes superiores aos 1.400 metros as precipitacións serán en forma de neve.

Persiste o mal tempo con frío e chuvias intensas ás veces tormentosas Un home camiña hoxe pola zona portuaria do municipio de Sada. EFE/Cabalar

EFEverde.- O tempo en Galicia manterase mañá sábado inestable con frío e chuvias intensas que ocasionalmente serán en forma de tormentas e con sarabia, segundo a predición de MeteoGalicia.

Soprará vento de compoñente oeste, moderado no interior con intervalos de fortes nas zonas altas e moi fortes no litoral.

As temperaturas non experimentarán cambios significativos, aínda que as máximas rexistrarán descensos puntuais.

As mínimas e máximas previstas para mañá sábado en Galicia son as seguintes:

A Coruña 11°-15°

Ferrol 11°-15°

Lugo 7°-12°

Ourense 9°-15°

Pontevedra 11-16°

Santiago de Compostela 8°-12°

Vigo 11°-16°

Previsión marítima

Na Costa Cantábrica soprará vento de compoñente sudoeste, forza 6 a 7 de mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 6 á noite, con forte marusía. A visibilidade será boa de mañá e regular á tarde e noite e haberá mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros de mañá e 3,5 a 4,5 á tarde e noite.

O vento entre Ferrol e Bares será do sudoeste, forza 6 a 7 polo día e 5 a 6 pola noite, con media vaga de mar polo día e forte marusía á noite, con media vaga de mar polo día e forte marusía á noite. A visibilidade será regular e haberá mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros de mañá e 5 a 6 á tarde e noite.

No Ártabro o vento predominante será do sudoeste, forza 5 a 7 de mañá e 4 a 6 á tarde e noite, con media vaga de mar de mañá e forte marusía á tarde e noite. A visibilidade será regular e haberá mar de fondo do oeste, con ondas de 4 a 5 metros de mañá e 5 a 6 á tarde e noite.

O vento na Costa da Morte será tamén de compoñente sudoeste, forza 6 a 7 polo día e 4 a 6 á noite, con media vaga de mar polo día e forte marusía á noite. A visibilidade será regular a mala de mañá e moi mala á tarde e noite e haberá mar de fondo do oeste, con ondas de 4,5 a 5,5 metros de mañá, 5 a 6,5 á tarde e 5 a 6 á noite.

Nas Rías Baixas soprará vento do sudoeste de mañá e do oeste á tarde e noite, forza 5 a 6 polo día e 4 a 6 á noite, con forte marusía. A visibilidade será regular de mañá e mala á tarde e noite e haberá mar de fondo do oeste, con ondas de 4,5 a 5,5 metros de mañá, 5 a 6,5 á tarde e 5 a 6 pola noite. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies