EFEverde en Galego

Perde forza o anticiclón e ventos do oeste traerán humidade

A situación anticiclónica perde forza hoxe en Galicia, con ventos de compoñente oeste, que traerán humidade, especialmente na faixa atlántica.

Con esta situación, MeteoGalicia predí a presenza de nubes de tipo medio e alto en xeral durante toda a xornada, con nubes baixas no litoral atlántico, onde comezarán as chuvias á noite.

As temperaturas mínimas, sen cambios ou con leves ascensos mentres que as máximas sufrirán un descenso entre leve e moderado na metade oeste e quedarán sen cambios no resto, mesmo en ascenso no norte de Lugo, onde as temperaturas serán máis altas que nas xornadas anteriores.

Os ventos soprarán do suroeste, frouxos, con intervalos de moderado no litoral norte.

 

As temperaturas nas principais localidades:

A Coruña 12° 20°

Ferrol 10° 21°

Lugo 7° 24°

Ourense 8° 27°

Pontevedra 9° 21°

Santiago de Compostela 10° 21°

Vigo 13° 21°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do oeste de mañá e á tarde e variable á noite, forza 1 a 3 de mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado de mañá e á noite e forte marusía á tarde. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros.

Ferrol-Bares: Vento do suroeste, forza 3 a 4 de mañá e á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía de mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade boa de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Ártabro: Vento do suroeste de mañá, do oeste á tarde e do suroeste á noite, forza 2 a 3 de mañá e 3 á tarde e á noite. Maraxe de mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa de mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Costa da Morte: Vento do suroeste, forza 2 a 4 de mañá, 3 a 4 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía de mañá e á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 0,5 a 1,5 metros de mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.

Rías Baixas: Vento variable de mañá e do suroeste á tarde e á noite, forza 2 a 3. Maraxe. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1 metros. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies