EFEverde en Galego

AGE alerta do ‘peche encuberto’ dunha planta de biodiésel de Ferrol

  • Masol Iberia, como se chama o grupo indonesio que se fixo coas rendas da fábrica ferrolá de Infinita, ocupa unha parcela de 42.000 metros cadrados.

AGE alerta do 'peche encuberto' dunha planta de biodiésel de Ferrol O persoal da fábrica de biodiésel de Ferrol protesta o pasado mércores, día 11. EFE/Kiko Delgado

EFEverde.- A viceportavoz da AGE, Yolanda Díaz, alertou hoxe contra o "peche encuberto" de Masol Iberia, a antiga Infinita Renovables e unha das dúas plantas de biodiésel que se instalaron no porto exterior de Ferrol, ao abeiro das axudas públicas á reindustrialización da comarca.

Díaz mantivo nesta mañá un encontro co comité de empresa de Masol Iberia, unha das dúas plantas de biodiésel do porto exterior de Ferrol que o grupo Isolux Corsán cedeu a un grupo indonesio e que afronta o seu terceiro ERE desde que botou a andar en xuño de 2009.

Nunhas declaracións aos informadores, a parlamentaria autonómica pediu á Xunta de Galicia que tome cartas “urxentes” no asunto para impedir o peche da fábrica de biodiésel de Caneliñas. A súa formación, anticipou, rexistrará hoxe unha iniciativa nesta liña na Cámara autonómica.

Pola súa vez, Anxo Fernández, presidente do comité de empresa, defendeu que a fábrica ferrolá é tan viable ou máis que a que a mesma empresa ten en Castellón (Valencia) e demanda un futuro para o cadro de persoal ferrolán, que se enfronta ao seu terceiro ERE desde 2011.

Os traballadores xa se mobilizaron no pasado mércores, día 11, diante do edificio administrativo da Xunta na praza de España de Ferrol.

A fábrica de Infinita era propiedade do grupo Isolux Corsán, abriu as súas portas en xuño de 2009 na explanada de Caneliñas, o porto exterior de Ferrol onde xa estaba instalada outra planta de biocombustible do grupo Entabán.

Masol Iberia, como se chama o grupo indonesio que se fixo coas rendas da fábrica ferrolá de Infinita, ocupa unha parcela de 42.000 metros cadrados e, na súa inauguración, promoveuse como a maior terminal de produción deste combustible ecolóxico de España con 50 operarios.

Na actualidade son 34 e o ERE previsto afectaría 28. As regulacións ao persoal comezaron en 2011 -con dous ERE- e a cesión da planta ao grupo indonesio Muslim Mas obtivo o visto e prace do consello de administración do porto de Ferrol-San Cibrao no día 26 de febreiro de 2014. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies