EFEverde en Galego

Un paso de vaca no centro da Coruña para transmitir o valor do rural

Un paso de vaca no centro da Coruña para transmitir o valor do rural Unha acción reivindicativa cambia un paso de peóns por "o primeiro paso de vaca" da Coruña. EFE

Miguel Álvarez.- EFEverde.- O centro da Coruña viu hoxe a transformación dun paso de peóns nun "paso de vaca", co obxectivo de transmitir a importancia do rural ao mundo urbano dunha Comunidade onde as reses equivalen a un terzo da poboación.

O Obelisco, un dos principais puntos de paso da cidade herculina, é o escenario dunha iniciativa da explotación ecolóxica Casa Grande de Xanceda (Mesía, A Coruña) baixo o lema Galicia, Somos o Leite.

“O noso obxectivo é conseguir que chegue á cidade a importancia do sector lácteo e da Galicia rural”, explicou a EFE a responsable publicitaria da empresa, Jessica Rey.

Relatou que o campo ten “un gran problema de despoboamento e envellecemento”, sobre todo pola “fuxida de mozas ás cidades para buscar oportunidades”.

“Somos poucos os que resistimos no rural”, continuou e detallou que en Galicia “moitas das explotacións agrícolas son lácteas”, pois a Comunidade rolda os tres millóns de habitantes e ten case un millón de vacas, con 63 concellos de 313 nos que son máis as reses que as persoas censadas.

Nese sentido, aclarou que “Galicia é o territorio que máis leite produce de toda España” e ocupa o décimo lugar en Europa, aínda que sofre as “consecuencias” do abandono do rural, ademais da “constante fluctuación dos prezos do leite” que prexudica a vida dos profesionais deste sector.

“O noso sigue sendo un sector vital, é necesario que a cultura do rural perviva e fai falta fixación de poboación”, manifestou Jessica Rey.

Para iso, a empresa expuxo unha acción reivindicativa co permiso do Concello da Coruña, que lle gustaría que se exportase ás outras cidades galegas.

“Encantaríanos que os pasos de peóns non fosen de cebra, que non temos tantas, que non nos representan, e convertésense en pasos de vaca”, concretou así mesmo sobre a iniciativa exposta.
vaca

Unha acción reivindicativa cambia un paso de peóns por “o primeiro paso de vaca” da Coruña, co obxectivo de sensibilizar sobre a figura deste animal. EFE/ Cabalar

Xunto ao “paso de vaca”, está unha res de tamaño real que os visitantes poden ordeñar e instalouse unha estación en tres dimensións para coñecer como é un prado con vacas, xunto a varios profesionais que explican e conciencian sobre a situación do campo.

“Fai falta que saibamos que o rural é importante, poñámoslle valor e tentemos que sobreviva”, proseguiu a representante de Casa Grande de Xanceda.

A súa explotación ecolóxica está no interior da provincia da Coruña, onde máis de corenta empregados traballan con 380 vacas nun proxecto ecolóxico que produce alimentos de alta calidade, cos que opera ao engadir valor ao leite das reses. EFEverde




Secciones:        

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies