EFEverde en Galego

As paisaxes de Caión e o encaixe de Camariñas seducen en Fitur

  • Feira Internacional de Turismo que se organiza en Madrid.

As paisaxes de Caión e o encaixe de Camariñas seducen en Fitur Vista da "Costa da Morte", co faro de Muxía en primeiro termo. EFE/Paloma Puente

EFEverde.- As oportunidades turísticas do belo Caión, na Costa da Morte coruñesa, e o encaixe de Camariñas  foron onte dous dos atractivos máis sedutores de Galicia na Feira Internacional de Turismo que se organiza en Madrid.

O Concello de Camariñas presentou no posto de Turismo galego o acto “Camariñas. Descubre o corazón do encaixe”, en que se expuxeron os actos programados para a XXV edición da Mostra do Encaixe.

Esta mostra organizarase entre os días 1 a 5 de abril e nela exhibiranse os tradicionais encaixes de gran prestixio, así como as mantelarías ou vestidos que se fan con eles.

Ao acto asistiron o alcalde desta localidade coruñesa, Manuel Valeriano Alonso; e o director da pasarela da Mostra do Encaixe, Franco Quintáns, así como os representantes da empresa responsable da nova marca turística “Camariñas, o mar todo”.

O mar formou parte tamén da campaña do Concello da Laracha, que levou a Fitur a súa oferta turística co lema “Caión, porta da Costa da Morte”.

O traballo audiovisual, desenvolvido por Pedro Tasende, promove as fermosas paisaxes e completos servizos ao visitante de Caión, onde ademais poderá gozar de gastronomía de calidade e oportunidades de lecer náutico.

Os museos do Arquivo da Pesca de Caión e do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar; as romarías dos Milagres de Caión e as Cereixas de Paiosaco, declaradas festas de interese turístico, ou o mosteiro de San Pedro de Soandres, son algúns dos lugares e celebracións máis emblemáticos desta pequena localidade coruñesa. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies