EFEverde en Galego

O outono será cálido e moi chuvioso en Galicia logo dun verán de contrastes

  • O delegado territorial da Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet) en Galicia, Francisco Infante, presentou hoxe o resumo climático deste verán en Galicia e a predicción para o trimestre outubro-decembro de 2015.

O outono será cálido e moi chuvioso en Galicia logo dun verán de contrastes Dúas persoas camiñaban por unha das rúas de Betanzos. EFE/Cabalar

EFEverde.- O outono comeza mañá en Galicia baixo a influencia dun anticiclón e con tempo seco e asollado, pero en canto finalice o mes de setembro os contrastes de temperaturas e precipitacións faránse máis patentes, con rexistros superiores aos normais e motivados polo fenómeno meteorolóxico do Neno.

En canto a estes meses estivais, caracterizáronse sobre todo por ser moi cálidos e secos a pesares dun mes de agosto máis frío e húmido do normal, con importantes contrastes, pois en canto a temperaturas foron dos cinco ou seis máis cálidos desde 1971, destacou Infante.

Xuño rexistrou a temperatura máxima do verán o día 29 en Ourense, con 40,2 grao de máxima, e contou con 13 días de tormenta, unha cifra elevada para este mes, como ocorreu en xullo, que foi moi cálido e houbo cinco días de tormenta.

En agosto houbo máis frío e humidade do habitual e rompeu a serie cálida e seca dos meses precedentes, con 97,8 litros por metro cadrado durante 15 días, o que o converteu no mes máis chuvioso desde o ano 1957.

Segundo o Informe do verán realizado por Meteogalicia, este verán houbo un 30% menos de choivas con respecto á media histórica e 1.2 graos por encima.

O mes de setembro tamén está a resultar máis frío do normal pero o outono preséntase cun tempo estable e seco, pouco nubrado, ata finais do mes de setembro, pero con contrastes importantes entre as temperaturas mínimas e máximas, engade a Aemet.

Entre outubro e decembro haberá temperaturas superiores ao habitual, cálidas, e unha lixeira tendencia a precipitacións superiores tamén ás normais no cuadrante noroeste.

O feito de que tanto as temperaturas como as precipitacións sexan superiores ao normal “ten moito que ver coa influencia do Neno, que está nunha fase moi forte”, indicou Infante. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies