COELLOS REPOBOACIÓN

Os cazadores galegos deberán seguir un protocolo antes de repoboar coellos

Os cazadores galegos deberán seguir un protocolo antes de repoboar coellos Archivo EFEverde

Santiago de Compostela (EFEverde Galego).- Ante a aparición dunha nova variante do virus NHV, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia decidiu establecer un novo protocolo a seguir polos cazadores encargados dos repoboacións de coellos.

Estas pautas de actuación responden ás demandas da asociación SOS Coello de Monte de Galicia, que viña reclamando un aumento das precaucións para previr a chegada e propagación deste virus polos montes galegos.

Segundo o establecido polo protocolo, os animais deberán pasar varios controis sanitarios antes de ser soltados no monte, medida que ampliará os prazos para que se fagan efectivos estes repoboacións, pero que evitará a difusión de enfermidades. EFE

jr/jl/am




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com