EFEverde en Galego

Rueda di que Ortigueira recibiu máis dun millón de euros do canon eólico

  • O fondo financia investimentos relacionados coa mellora do contorno e a conservación do medio natural.

Rueda di que Ortigueira recibiu máis dun millón de euros do canon eólico Un muíño de enerxía eólica. EFE

EFEverde.- Ortigueira, ao norte da Coruña, recibiu máis dun millón de euros para investimentos do Fondo de Compensación Ambiental que deriva do canon eólico implantado hai seis anos polo Goberno galego, afirmou o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda.

Ese municipio coruñés é un dos máis beneficiados por este tributo á explotación da enerxía eólica, comentou Rueda, que se desprazou a esta localidade para supervisar algunhas obras financiadas con cargo a estes fondos, de 8,7 millóns en 2014 nas liñas de concorrencia non competitiva e competitiva.

Nesta última, inscríbense un total de 53 proxectos para 88 municipios galegos o pasado ano, destacou Rueda.

O fondo, segundo a Xunta, financia investimentos relacionados coa mellora do contorno e a conservación do medio natural e foi instituído en 2009 mediante o canon eólico que lles permite aos concellos custear obras “que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego”.

En Ortigueira eses fondos contribuíron a financiar a construción dun centro de interpretación, o illamento térmico de equipamentos municipais e a instalación dunha área recreativa e didáctica no porto. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies