EFEverde.- A Xunta estuda «en profundidade» as causas e a orixe dun episodio puntual de alerta por dióxido de xofre que se rexistrou onte no polígono industrial da Grela, na Coruña, segundo informa a Consellería de Sanidade.
A estación de calidade do aire da Xunta nesta zona, unha das seis coas que conta a Administración autonómica, indicou a superación do limiar de alerta de dióxido de xofre, establecido en 500 µg/m3, polo que se estableceu un protocolo de actuación en situacións excepcionais de contaminación atmosférica.
Estes controis consistiron nun seguimento dos niveis de anhídrido sulfuroso no aire da zona, polo que o estado de alerta mantívose dúas horas. EFEverde