EFEverde en Galego

A Xunta aínda non coñece a orixe de altos valores de contaminación no Burgo

  • A responsable do departamento da Xunta lembrou que xa en febreiro se constituíu un grupo de traballo, por un peche anterior, que investiga “as posibles causas deses valores anómalos”.

A Xunta aínda non coñece a orixe de altos valores de contaminación no Burgo Fotografía de arquivo da ría do Burgo. EFE

EFEverde.- A Xunta aínda non coñece a orixe dos altos valores de contaminación detectados na ría do Burgo, que levaron á prohibición de extracción de marisco na zona.

Neste sentido se manifestou hoxe a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, perante as preguntas dos informadores, aos que afirmou que a Administración non ten “ningunha sospeita”, mais si “unha sorpresa polos valores que se encontraron”.

A responsable do departamento da Xunta lembrou que xa en febreiro se constituíu un grupo de traballo, por un peche anterior, que investiga “as posibles causas deses valores anómalos”.

“Non sabemos nestes momentos cal é a súa orixe”, apuntou a conselleira, que informou de que o grupo de especialistas se reunirá de novo neste venres para analizar todos os datos de que dispón “e ver se somos capaces de conseguir focalizar a orixe destes altos valores” de contaminación. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com