EFEverde en Galego

As obras do Saneamento de Ribeira achéganse á nova EDAR

  • Beneficiarán unha poboación de 32.500 habitantes.

As obras do Saneamento de Ribeira achéganse á nova EDAR EFEverde

EFEverde.- As obras do Saneamento de Ribeira continúan e achéganse á nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), pois comezan os labores de limpeza da súa parcela.

A Comisión de Seguimento das obras de Saneamento de Ribeira reuniuse para analizar o estado das obras que beneficiarán unha poboación de 32.500 habitantes do núcleo urbano de Ribeira, da poboación de Aguiño e dos núcleos de Ameixida, Revolta e Castiñeras, na provincia da Coruña.

No encontro estiveron presentes a directora territorial da zona 1 de Acuaes Isabel Pérez-Espinosa; o director de Infraestruturas de Acuaes, Juan José Gil Barco, e o director de Augas de Galicia, Gonzalo Mosqueira.

Situación das distintas obras

No transcurso da reunión abordouse a situación das distintas obras que forman parte da actuación que o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente está executando a través da sociedade estatal Acuaes: a depuradora, o emisario submarino e as conducións e estruturas de regulación.

O investimento total é de, que serán cofinanciados polo Ministerio, a través do Fondo FEDER da Unión Europea, e pola Xunta, a través de Augas de Galicia.

Así, informouse do inicio das obras de execución dos tanques de tormentas de Aguiño e Cerqueiras e dos labores de limpeza na parcela da nova EDAR, que terá unha capacidade de tratamento de 1.238 metros cúbicos por hora.

A depuradora disporá de dúas liñas de auga que inclúen os procesos de pretratamento, tratamento biolóxico, decantación secundaria e tratamento terciario, e incorporará tamén unha liña de lodos ademais de levar a cabo unha desodorización.

As obras teñen un prazo de execución de quince meses e un período de posta en marcha de dezaoito meses, segundo explican desde a Delegación do Goberno nun comunicado.

O emisario submarino, pola súa banda, construirase en dous tramos: un terrestre de 349 metros, e outro submarino construído mediante perforación dirixida ao longo dos últimos oitenta metros. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies