Xuizo Incendios

O xurado absolve a un antigo brigadista acusado de provocar dous incendios

  • O fiscal solicitaba para o acusado unha pena de tres anos e tres meses de cárcere

O xurado absolve a un antigo brigadista acusado de provocar dous incendios Recurso de archivo EFEverde

Lugo (EFEverde Galego) O xurado popular encargado de xulgar un antigo membro das brigadas contra incendios da Xunta de Galicia, acusado de provocar dous lumes en agosto do ano 2009 en montes dos municipios de Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón, decidiu finalmente a absolución por falta de probas.

O acusado negou a autoría dos feitos na vista oral, que se celebrou onte na Audiencia Provincial de Lugo, mentres que o seu avogado, Iván Torres, insistiu en que a causa contra el se fundamentaba “nas declaracións tomadas a unha persoa que é prácticamente analfabeta, que non sabe ler nin escribir, e que asinou o que o puxeron diante”.

O fiscal solicitaba para o acusado unha pena de tres anos e tres meses de cárcere, así como que aboase á Xunta de Galicia os 823 euros que custou a extinción de ambos os dous incendios e unha multa de 3.840 euros, a razón de 8 euros por día durante 16 meses. EFE

jrr/am




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies