EFEverde en Galego

O Sistema de Información Ambiental da Coruña, premio APROEME 2014

  • O Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas recoñeceu este sistema de información ambiental como dos máis completos no ámbito municipal.

O Sistema de Información Ambiental da Coruña, premio APROEME 2014 Céntrica rúa da Coruña. EFE/ Cabalar

EFEverde.- O Sistema de Información Ambiental da Coruña foi galardoado co premio da Asociación Profesional de Empresas de Medio Natural de Galicia (APROEMA) 2014 na categoría de Entidades Públicas-Concellos.

O galardón, que se entregará o vindeiro xoves no Hostal dos Reis Católicos de Compostela, distingue esta ferramenta desenvolvida pola Concellaría de Medio Natural ao longo dos anos 2012 e 2013.

O sistema integra toda a información ambiental relativa a niveis de calidade de aire existentes e previstos, de ruído, de campos electromagnéticos, contaminación lumínica, plans de xestión de cheiros, datos meteorolóxicos e plans de acción.

O CIEMAT (Centro de Investigacións Enerxéticas, Medioambientais e Tecnolóxicas) recoñeceu este sistema de información ambiental como dos máis completos na actualidade no ámbito municipal, polo que sitúa a cidade da Coruña por riba doutras como Madrid ou Zaragoza. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies