EFEverde en Galego

O naufraxio do “Urquiola” fronte á Torre de Hércules cumpre hoxe 38 anos

O naufraxio do petroleiro "Urquiola" fronte á Torre de Hércules cumpre hoxe 38 anos desde aquel fatal afundimento que puido acabar en catástrofe se non fose polo labor desempeñado polo capitán do buque, o práctico do porto e o xefe da seguridade da refinaría.

A heroicidade de Francisco Rodríguez Castelo, Benigno Sánchez Lebón e Ignacio Arnáiz Fernández foi lembrada fai tres anos cun monólito nunha homenaxe que a cidade lles agradecerá para sempre.

O 12 de maio de 1976 o “Urquiola”, procedente do Golfo Pérsico, quedou embarrancado fronte á Coruña debido a unha mala sinalización dunha agulla rochosa e, aínda que non sufriu moitos danos nun primeiro momento, pediu ser levado a porto.

Porén, os organismos competentes tomaron a decisión de que o petroleiro abandonase a canle e que se afastase 200 millas das costas españolas nunha manobra en que o buque sufriu máis danos e un incendio que provocou unha gran fumeira negra.

O capitán do barco morreu neste incendio ao permanecer no barco ata o último momento e na catástrofe derramáronse 100.000 toneladas de petróleo. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies