EFEverde en Galego

O ICES inaugura na Coruña un congreso que busca a cooperación polo mar

  • Desde hoxe e ata o vindeiro 19 de setembro.

O ICES inaugura na Coruña un congreso que busca a cooperación polo mar EFEverde

A Conferencia Científica Anual do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) foi inaugurada na Coruña entre peticións de todas as autoridades presentes para que exista cooperación para a mellora do sector pesqueiro.

O Palacio de Exposicións e Congresos da capital herculina acolle os máis de seiscentos científicos que participan en dezasete relatorios sobre a estratexia do ICES e poranse ao día sobre os avances do último ano.

A conferencia, que ten como eixe central a “Sostibilidade nun océano cambiante”, versa sobre diferentes temas de todos os ámbitos marítimos.

Durante a apertura do evento, o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, defendeu a cooperación internacional na investigación marítima máis alá das fronteiras no mar.

“Cando nos referimos á investigación marítima, a cooperación internacional é fundamental, sen importar as fronteiras políticas nos océanos”, subliñou.

Na súa opinión, Galicia é un escenario perfecto para este congreso pola súa vinculación co mar e a alta porcentaxe do PIB da comunidade autónoma, que está directamente vinculado coas actividades mariñas.

“Somos unha rexión fortemente dependente da pesca e as industrias pesqueiras e, por esa razón, somos moi conscientes da importancia do seu traballo”, agregou.

Pola súa banda, Carlos Negreira, alcalde da Coruña, cualificou de “importante” que a cidade acolla esta cita que ademais coincide coa celebración do centenario do Instituto Español de Oceanografía (IEO).

“Para nós é un motivo de alegría que se organicen congresos na cidade e que a cidade sexa punteira niso. Vai ser o centro do universo do mar estes días, espero que se saquen boas conclusións”, argumentou.

A súa intención é “compartir” uns días “con todos “os investigadores, científicos e amantes do mar” polo papel que xogan as costas na localidade, co porto líder en pesca do país.

“O mar para os coruñeses é importantísimo, a economía azul que desenvolve a Unión Europea vai ter repercusións na Coruña en todas as frontes en que o mar inflúe. O sector pesqueiro, o propio porto e todo o que está unido a iso. A Coruña é visible, atractiva e ten que ver moito co mar”, agregou.

A conselleira do Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, quixo “darlles os parabéns” ao ICES e ao IEO “polo excelente traballo que realizan” e “polo acerto de organizar esta conferencia na Coruña”.

“Galicia é unha comunidade autónoma que mira ao mar, que basea nel unha parte moi importante da súa economía e unha gran parte da poboación vive grazas a el. Por iso paréceme un acerto que escollesen como escenario esta comunidade autónoma”, indicou.

Segundo Quintana, os mares “están en boas mans” coa “conxunción de saberes entre os profesionais da pesca, os científicos e o apoio da Administración”, que conseguen “que o sector pesqueiro saia adiante”.

Así mesmo, a secretaria xeral do ICES, Anne Christine Brusendorrf, recalcou a importancia do traballo desta institución na “sostibilidade dos nosos océanos” e de que todos os científicos se actualicen cos avances desde o último congreso.

A entidade traballa para “dar resposta ás necesidades de investigación” nos océanos, remarcou o presidente do ICES, Paul Connolly. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies