EFEverde en Galego

O Goberno autoriza obras de reparación de danos por temporal no Miño-Sil

O Goberno autorizou hoxe, en Consello de Ministros, as obras de emerxencia para reparar os danos provocados polos temporais rexistrados entre decembro de 2013 e febreiro de 2014, na demarcación hidrográfica do Miño-Sil.

Os traballos, cun importe de máis de 1,5 millóns de euros, teñen como obxectivo repor ao seu estado orixinal as zonas situadas no dominio público hidráulico, reparar os danos causados pola auga tanto nas infraestruturas hidráulicas e viarias como nas marxes dos ríos, e mellorar a súa capacidade de desaugue.

Segundo o Goberno, xa se está actuando nos tramos afectados na provincia de Lugo (contorno encoro Vilasouto e o Val de Lemos; dos ríos Sarria e Celeiro; no paseo fluvial do río Asma, en Chantada; e no paseo fluvial do arroio Da Ribeira, en Quiroga), e en Ourense (marxes do río Caldo, en Lobios.

Así como nos ríos Matabois, Requeixo, O Regato e Bibei), de Pontevedra (marxes río Tamuxe, no Rosal; e nas marxes do río Loura, no Porriño), e de León (en torno ao encoro de Bárcena e aos regadíos do Bierzo; nas marxes do río Selmo, en Friera; e na marxe dereita do río Boeza, en Folgoso de la Ribera).

Nos dous meses transcorridos entre o 15 de decembro de 2013 e o 15 de febreiro de 2014 rexistráronse un total de 25 temporais de vento e chuvias na zona noroeste do país, que afectaron de forma especialmente importante ao territorio da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, provocando importantes enchentes en todos os ríos desta cunca que causaron cuantiosos danos. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies