EFEverde.- O fotoperiodista pontino Brais Lorenzo alzouse hoxe co segundo premio do “I Concurso de Mascotas Adoptadas Responsablemente” que organiza o Concello de Ourense, e no que venceu Miguel Tirado.
Brais Lorenzo, colaborador gráfico de Efe e do decano Faro de Vigo, alcanzou a súa posición pola súa fotografía titulada “Amores Cans”.
Nunha comparecencia de prensa celebrada esta mañá, o goberno municipal ha entregado os premios deste I Concurso de Fotografía, unha iniciativa que ten como obxectivo promover a adopción de mascotas que se atopan na protectora Progape.
O primeiro premio, que ascende a un importe de 500 euros, foi para Miguel Tirado pola súa fotografía titulada “Unha loura tirada na praia”.
O fotógrafo, Brais Lorenzo alzouse co segundo premio pola súa imaxe “Amores cans”.
Ademais, o concello ourensán ha entregado catro accésits, a Anxo Cid, por “Tres días”; a fotografía “Copito”, de Óscar López; “Vagalume”, de Héctor Novoa e por último, a Ana Belén Gómez, pola súa obra “A miña segunda oportunidade”.
Todos, políticos e gráficos, coincidiron en que ter un animal é “moito máis que ter unha mascota”.
As fotografías gañadoras está previsto que se poidan ver a partir de mañá nunha lona xigante na rúa do Paseo coa idea de “introducir os animais e as mascotas na cidade”. EFEverde