EFEverde en Galego

O anticiclón manterase sobre Galicia e traerá aire cálido

O anticiclón manterase sobre Galicia e traerá aire cálido

A Comunidade continuará mañá baixo a influencia do anticiclón situado ao norte, o que favorecerá a entrada de aire cálido desde o sur peninsular, informa MeteoGalicia.

Este aire cálido achegará inestabilidade, con nubes medias entrando desde o sur cara ao norte durante a tarde. Así, os ceos estarán pouco nubrados durante a mañá, con néboas matinais na Terra Chá (Lugo).

Á tarde, aumentarán as nubes que incluso deixarán algún chuvasco de carácter tormentoso no sur. As temperaturas experimentarán un ascenso, máis acusado nas máximas, con sensación de calor.

O vento soprará frouxo, de compoñente leste, moderado no litoral norte, con intervalos fortes nos arredores de Bares (A Coruña).

Temperaturas mínimas e máximas extremas nas principais cidades

A Coruña 8° 24°

Ferrol 8° 24°

Lugo 5° 23°

Ourense 9° 27°

Pontevedra 12° 25°

Santiago de Compostela 9° 23°

Vigo 14° 26°

Predición marítima

Costa Cantábrica: Vento do leste de mañá, tarde e noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 4 de noite. Forte marusía de mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular de mañá e á noite e boa á tarde. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a 3 metros de mañá, 1,5 a 2,5 metros á tarde e 1 a 2 metros de noite.

Ferrol-Bares: Vento do nordeste de mañá, tarde e noite, forza 4 a 6 de mañá, 4 a 5 á tarde e 3 a 5 de noite. Forte marusía de mañá e á tarde e marusía de noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros de mañá, 1,5 a 2,5 metros á tarde e 1 a 2 metros de noite.

Ártabro: Vento do nordeste de mañá e á tarde e variable de noite, forza 2 a 4 de mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 de noite. Marusía de mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado de noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2 a 3 metros de mañá, 1,5 a 2,5 metros á tarde e 1 a 2 metros de noite.

Costa da Morte: Vento do nordeste de mañá, tarde e noite, forza 3 a 5 de mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 3 de noite. Marusía de mañá, forte marusía á tarde e mar ovellado de noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros de mañá, 1,5 a 2,5 metros á tarde e 1 a 2 metros de noite.

Rías Baixas: Vento do nordeste de mañá, do norte á tarde e variable á noite, forza 2 a 3. Maraxe. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros de mañá, 1,5 a 2,5 metros á tarde e 1 a 2 metros de noite. EFEverde en galego




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies