EFEverde en Galego

A neve obriga a cortar estradas en Cervantes, no Courel e na Fonsagrada

A neve obriga a cortar estradas en Cervantes, no Courel e na Fonsagrada

Lugo, 26 mar. (EFEverde en Galego).- A intensa nevarada que caeu nas últimas horas sobre a montaña de Lugo provocou que varias estradas de titularidade provincial quedasen cortadas ao tránsito nas primeiras horas desta mañá, fundamentalmente nos municipios da Fonsagrada, Cervantes e Folgoso do Courel, os máis afectados polo temporal de frío.

Nunhas declaracións á EFE, o deputado delegado de Vías e Obras, Manuel Martínez, confirmou que neses tres municipios o grosor da neve chegou a uns vinte centímetros nas estradas provinciais, polo que o dispositivo de emerxencias está a traballar “desde as seis da mañá” para deixar expedita a rede viaria.

Martínez confirmou que están traballando na montaña de Lugo máis de sesenta operarios, con dez máquinas quitaneves, dez tractores e doce todoterreos con cuñas e varios vehículos de apoio.

O seu traballo está a se centrar nos municipios de Becerreá, A Fonsagrada, O Incio, As Nogais, O Courel, Pedrafita, Ribas de Sil, Quiroga, Cervantes, Navia de Suarna, Samos e Negueira de Muñiz.

O responsable de Vías e Obras recoñeceu que a intensa nevarada que caeu durante toda a noite, desde onte á tarde, “sorprendeu” pola “cantidade” de neve que deixou en toda a comarca da Montaña, mais confía en que a rede viaria fique limpa ao longo da xornada. EFEverde en Galego

jrr/jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies