A neve obriga a cadeas no alto do Poio e con precaución na A-6

EFEverde en Galego

A neve obriga a cadeas no alto do Poio e con precaución na A-6

A neve obriga a cadeas no alto do Poio e con precaución na A-6 Dúas persoas soben a pé ao albergue dos Ancares e Tres Bispos (Lugo). EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- A neve que caeu durante a noite obrigou a Garda Civil de Tráfico a prohibir o paso de camións, autobuses e vehículos articulados polo alto do Poio, en Pedrafita do Cebreiro, onde é necesario o uso de cadeas nos turismos para circular.

O tramo afectado vai desde o quilómetro 0 ao 13 da estrada autonómica LU-633.

Ademais, recoméndase circular con precaución por “pavimento escorregadizo” entre os quilómetros 444 e 454 da autovía do Noroeste (A-6), no alto do Cereixal.

Por outro lado, o xeo tamén está a provocar dificultades para circular en múltiples estradas do interior da provincia de Lugo, especialmente nos municipios de Palas de Rei e Monterroso, na comarca da Ulloa. EFEverde




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com