EFEverde en Galego

A neve chegou a alcanzar un metro de altura nalgunhas estradas de Lugo

  • A Deputación de Lugo mantén activo o dispositivo previsto no seu plan invernal.

A neve chegou a alcanzar un metro de altura nalgunhas estradas de Lugo Dúas persoas camiñan pola aldea de Piornedo que amencía cuberta de neve. EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- Nove estradas provinciais permanecen pechadas ao tránsito na comarca da Montaña de Lugo, onde a neve chegou a alcanzar nalgúns puntos alturas de até un metro, segundo informou a Deputación de Lugo, que mantén activo o dispositivo previsto no seu plan invernal.

A Deputación de Lugo reforzou ese dispositivo de mantemento para conservar expedita a rede provincial de estradas, de forma especial na comarca da Montaña, onde se concentrou nas últimas horas a maioría das incidencias provocadas polo temporal de frío.

Desde as seis da mañá traballan nese dispositivo un total de 70 operarios e corenta máquinas.

Aínda así, permanecen aínda cortadas ao tránsito nove estradas provinciais nos municipios de Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Cervantes, A Fonsagrada, Taboada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.

O Goberno provincial informou de que tamén hai problemas para circular por varias vías das Nogais, Triacastela, Guntín e Samos.

Ademais, recomenda o uso de cadeas para as viaxes pola comarca da Montaña, así como “só realizar os desprazamentos imprescindibles”. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies