EFEverde en Galego

A neve deixa sen clase 1.797 alumnos das provincias de Lugo e Ourense

  • En Ourense resultaron afectados un total de 39 centros, mentres que en Lugo foron 18 os colexios que non puideron dar clase con normalidade.

A neve deixa sen clase 1.797 alumnos das provincias de Lugo e Ourense Na imaxe a autovia A-6 ao seu paso por Baralla (Lugo). EFE/Eliseo Trigo

EFEverde.- A neve que afectou a rede viaria das provincias interiores de Galicia durante as últimas horas provocou que un total de 1.797 alumnos de Lugo e Ourense non puidesen acudir a clase, segundo informaron a EFE fontes da Consellería de Educación.

En Ourense resultaron afectados un total de 39 centros e 1.319 alumnos, mentres que en Lugo foron 18 os colexios que non puideron dar clase con normalidade e 478 os nenos que non acudiron ás aulas.

Na primeira, os problemas concentráronse na zona sur da provincia, con 22 colexios afectados e 734 alumnos, e en municipios de montaña, con 12 centros e 521 alumnos.

En Lugo, pola súa parte, os problemas concentráronse case exclusivamente na comarca da Montaña, cun total de 15 centros afectados e 400 alumnos que non puideron asistir ás súas clases.

Na zona centro da provincia tamén houbo algunhas incidencias, concretamente en dous colexios, polas que se viron afectados 74 alumnos.

En Pontevedra rexistráronse incidencias puntuais en Rodeiro e Lalín. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies