EFEverde en Galego

A natureza, inspiración da poesía de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas

A natureza, inspiración da poesía de Díaz Castro, homenaxeado no Día das Letras Galegas

Galicia celebrou o seu Día das Letras Galegas o 17 de maio. A iniciativa xurdiu en 1963 —ano no que se cumpriu o centenario da publicación dos Cantares Gallegos de Rosalía de Castro— por proposta de varios membros da Real Academia Galega, co obxectivo de conmemorar e promover a lingua e a cultura galegas.

Dende entón, cada ano homenaxéase un intelectual destacado polo seu labor en favor do desenvolvemento cultural galego. A primeira foi Rosalía de Castro e a ela seguíronlle autores tan recoñecidos como Castelao, Pondal, Curros Enríquez, Ferreiro, Cunqueiro… e mesmo Alfonso X, o Sabio.

Este ano, o autor homenaxeado é o poeta e tradutor Xosé María Díaz Castro, nacido en Guitiriz (Lugo) en 1914 e morto nese mesmo concello en 1990.

Díaz Castro non foi un autor prolífico. Apenas ten un libro publicado, o poemario Nimbos, e algúns outros textos soltos, inéditos en parte. A súa vida profesional dedicouna fundamentalmente á tradución. Coñecía máis de 10 linguas e prestou os seus servizos como tradutor en diversas institucións de Madrid, entre elas o CSIC.

A súa obra Nimbos publicouse en 1961. Nela recóllense poemas escritos ao longo de varios anos, que xiran en torno ás principais cuestións que lle preocupan á humanidade, como o tempo ou a morte, e expresan con versos sinxelos, pero de gran beleza, o seu profundo sentimento relixioso e o seu amor pola natureza.

Esmeralda

Herba pequerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿por que de ser pequena
te me avergonzas ti?

¡O Universo sería
máis pequeno sen ti!

Con motivo da súa conmemoración este ano, que coincide co centenario do seu nacemento, daranse a coñecer a persoa e a súa obra a través de diversas manifestacións artísticas e culturais: libros, CD, exposicións, documentais, etc., tanto dentro coma fóra de Galicia.




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies