EFEverde en Galego

Narón emite un bando que urxe a Xunta a procurar unha solución coa Sogama

Narón emite un bando que urxe a Xunta a procurar unha solución coa Sogama

Santiago de Compostela, 26 mar. (EFEverde en Galego).- O alcalde de Narón, José Manuel Blanco, do Terra Galega, emitiu un bando municipal en que urxe a Xunta de Galicia a procurarunha solución dialogada 'non imposta' que non se traduza na suba prevista de 34% no canon da Sogama.

Blanco estima que esa suba, se for aplicada tal e como está exposta, suporá un custo de 3 euros para cada veciño de Narón no recibo trimestral.

“Penalizar os veciños cunha suba non é a solución”, expón o rexedor naronés, que reclama ao Goberno galego a convocatoria dunha mesa de negociación e diálogo cos 296 municipios “prexudicados” por un incremento que acusa de “desproporcionado”.

Blanco propón “unha repartición equitativo de custos” e a reforma do modelo de xestión da planta para facelo “máis eficiente económica e ambientalmente”.

O bando está exposto desde esta mañá nas dependencias do consistorio naronés, accesible a todos os veciños. EFEverde en Galego

1010582

lbh/am




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies