EFEverde en Galego

Fundación de apoio a Muncyt aproba na Coruña o seu plan de actuación de 2015

  • Famuncyt estableceu varias liñas de traballo para o próximo exercicio, en que está previsto dar continuidade ao labor de apoio ao Museo realizado ata agora.

Fundación de apoio a Muncyt aproba na Coruña o seu plan de actuación de 2015 Aspecto do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT), na Coruña. EFE

EFEverde.-  O Padroado da Fundación de Apoio ao Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (Famuncyt) reuniuse hoxe no Concello da Coruña para dar luz verde ao orzamento e ao plan de actuación previstos para o exercicio 2015.

No acto estiveron presentes, entre outros, o alcalde da Coruña, Carlos Negreira; o presidente da Fundación, Joaquín Chacón; o vicepresidente, Julio Casal; ou a coordinadora da sede coruñesa do Muncyt, Ana María Correas.

Famuncyt estableceu varias liñas de traballo para o próximo exercicio, en que está previsto dar continuidade ao labor de apoio ao Museo realizado ata agora.

En primeiro lugar, prevé un programa que se desenvolverá na sede coruñesa do museo e que, baixo o título “Empresa e Ciencia”, engloba varias conferencias pronunciadas por monologuistas científicos participantes nos certames Famelab e The Big Van Theory.

Labor de restauración

A Fundación proseguirá co seu labor de restauración dos fondos do Museo e para iso contará con tres restauradores, un na Coruña e dous en Madrid, que realizarán labores, tanto de conservación preventiva coma de conservación curativa, ademais de axeitar os espazos de almacenaxe dos bens culturais custodiados.

Apoiará o museo na edición de distintas publicacións divulgativas, como unha guía para o público infantil da sede coruñesa, e outra sobre a exposición temporal “Biotecnoloxía e vida cotiá”, ademais de promover outras publicacións específicas para pór en valor a actividade de catalogación de patrimonio científico.

Congreso Internacional de Baterías Metal-Aire

Na primavera de 2015, Famuncyt organizará no Museo coruñés o I Congreso Internacional de Baterías Metal-Aire (MABIC), que considera unha gran oportunidade para destacar o compromiso da cidade coa busca de fontes de enerxía alternativas e respectuosas co medio natural.

Famuncyt prevé continuar cun labor de comunicación das actividades do museo e co apoio aos seus responsables na difusión destas, segundo destaca a través dun comunicado. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies