EFEverde en Galego

Mergulladores encontran en Arousa unha especie descoñecida de verme

O Grupo de Estudo do Medio Mariño (GEMM), un grupo de biólogos, ecólogos e apaixonados do mar que teñen en común a afección polo mergullo, descubriu na ría de Arousa unha especie descoñecida, un verme plano duns tres centímetros de lonxitude de rechamante cor amarela.

Deste achado, que foi publicado pola revista científica Zookeys, informou o GEMM, unha asociación sen ánimo de lucro creada para agrupar persoas con interese no estudo e conservación da fauna mariña e que leva anos dedicado ao labor de conservar, catalogar e dar a coñecer a fauna mariña das rías galegas.

O verme, unha planaria, foi descuberto nas inmediacións do club náutico de Ribeira (A Coruña) e foi bautizada co nome de “eurylepodes galikias”.

Un dos membros do colectivo, Jacinto Pérez Dieste, sinalou á Efe que este verme plano non se coñecía até agora e foi descrito por primeira vez no traballo publicado pola revista de divulgación científica.

A investigación describe nove especies máis de planarias, o nome que reciben os vermes planos, das que algunhas son novas para augas galegas e outras para o Atlántico peninsular, todas elas atopadas na ría de Arousa.

Este traballo é o primeiro dunha serie que están a ser elaborados en colaboración co Museo Nacional de Ciencias Naturais de Madrid, que darán a coñecer novos datos doutras especies pertencentes a este grupo taxonómico, en xeral bastante descoñecido.

O GEMM destaca a biodiversidade existente nas augas galegas, “con especies novas aínda por descubrir, como neste caso”, e resalta a necesidade de coidar o medio mariño para preservar o legado biolóxico.

O colectivo, explicou Jacinto Pérez, está composto por biólogos, ecólogos e mergulladores interesados polo medio mariño, e que teñen en común o mergullo como deporte e o interese polo medio mariño, “un colectivo de amigos que fai traballos científicos” e que se decatou, dixo, de que había moitos aspectos que investigar en augas galegas, tendo en conta que “só se coñecía algo do que se come”. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies