EFEverde en Galego

Medio Ambiente investirá 825.000 euros na costa de Pontevedra en 2015

  • Na protección e conservación da costa.

Medio Ambiente investirá 825.000 euros na costa de Pontevedra en 2015 Cabo Silleiro, en Baiona (Pontevedra). EFE/Salvador Sas

EFEverde.- O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente investirá máis de 825.000 euros durante 2015 na protección e conservación da costa de Pontevedra, e non anticipará a decisión sobre a prórroga solicitada polo grupo Ence ata concluír o expediente en curso.

Durante a súa comparecencia na Comisión de Medio Natural e Cambio Climático do Senado, Ramos contestou unha vintena de preguntas da senadora socialista María dos Ángeles Marra sobre as praias, obras de saneamento, calidade de augas e costas de Pontevedra.

En relación coa solicitude de prórroga da concesión estatal dos terreos que ocupa a Empresa Nacional de Celulosa de España (Ence) en Lourizán, Ramos sinalou que o expediente aínda está en prazo de alegacións e “non se pode anticipar un expediente que aínda está en curso”.

Marra, cuxo grupo pide o traslado desta industria, dixo que o informe da Xunta non é vinculante, polo tanto “está en mans do Ministerio e os prazos están concluíndo”.

Ence solicitou operar máis alá de 2018, prazo fixado por unha sentenza do Tribunal Supremo, ao abeiro da última reforma da Lei de costas.

Preocupación do sector pesqueiro

Doutra banda, a senadora trasladou a denuncia e a preocupación do sector pesqueiro e mariscador pola rexeneración das praias no municipio de Vilaboa, entre Pontevedra e Vigo, cuxa actividade está sendo afectada “por falta de areas”.

Segundo o secretario de Estado, o Goberno veu achegando ás praias de Vilaboa as cantidades de áridos necesarios e, a causa dos temporais de 2014, executáronse 37 actuacións en Pontevedra por valor de millón e medio de euros, entre elas a reparación e rexeneración da devandita zona costeira.

No referente ao déficit de saneamento nas rías de Pontevedra e Vilagarcía, Ramos respondeu que as obras de depuración son competencia das comunidades autónomas e “cónstame que a Xunta está moi implicada en resolver eses problemas”.

Igualmente, preguntado polas continuas verteduras de terra ao río Saíñas, que está afectando a praia de Rodeira (Cangas), o secretario de Estado remitiu á comunidade autónoma.

Doutra banda asegurou que o ministerio utilizará o aval do concesionario do porto deportivo de Juan Carlos I (Sanxenxo) se non leva a cabo as correccións necesarias, derivadas da construción dun espigón máis longo do inicialmente planeado.

Segundo a senadora, esta irregularidade xerou importantes danos ambientais nas praias do contorno, en especial na de Carabuxeira, onde empezou a baixar o seu nivel de areas e “as súas augas tranquilas volvéronse violentas”.

O Ministerio de Medio Ambiente aprobou o proxecto correctivo presentado polo concesionario do porto e arrincará en 2015, explicou Ramos. EFE




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies