EFEverde en Galego

Medio Ambiente destina 100.000 euros en axudas polos danos do lobo

  • Unha das novidades deste ano é o incremento de 30 % cando afecte explotacións dos municipios incluídos na zona 1 do Plan de Xestión do Lobo en Galicia.

Medio Ambiente destina 100.000 euros en axudas polos danos do lobo EFE/José Méndez

EFEverde.- A Consellería de Medio Ambiente publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha orde pola que establece as bases das axudas para paliar os danos ocasionados polo lobo para o ano 2015, cun orzamento de 106.035 euros.

O importe das axudas por supostos de morte establécense segundo un baremo no referente á especie, clase e idade, mentres que, no caso de animais feridos, a axuda estimarase en función dos gastos veterinarios.

A Xunta informou nun comunicado de que unha das novidades deste ano é o incremento de 30 % cando afecte explotacións dos municipios incluídos na zona 1 do Plan de Xestión do Lobo en Galicia, que se prevén como os máis afectados.

O lobo é unha especie cunha poboación importante en Galicia, que, xunto con Asturias e Castela e León, contabilizan a práctica totalidade das poboacións deste cánido na península Ibérica. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies