EFEverde en Galego

Afronta 1,5 anos de cárcere por matar corvos con millo envelenado

  • Coa axuda de cebos con grans de millo impregnados cun composto químico.

Afronta 1,5 anos de cárcere por matar corvos con millo envelenado Un corvo descansa sobre unha varanda nun parque. EFE/Dai Kurokawa

EFEverde.- O ministerio fiscal pide unha pena de ano e medio de cárcere para un home de 49 anos, veciño do municipio lugués de Cospeito, por colocar engados con millo envelenado nun terreo da parroquia de Xustás que provocaron a morte de polo menos unha trintena de corvos.

Segundo o escrito de acusación, a que a Efe tivo acceso, os feitos aconteceron en xuño do ano 2011, cando o acusado, “co propósito de exterminar e pór fin ás molestias que lle ocasionaban os córvidos que acudían ao mencionado terreo para comer”, supostamente preparou uns “engados con grans de millo impregnados con Terbulazina”.

O fiscal explica que ese composto químico é un herbicida altamente perigoso para o medio natural, extremadamente nocivo para a saúde humana e moi tóxico en organismos acuáticos“.

O ministerio público sostén que o acusado colocou “en diferentes puntos” eses engados envelenados, “coñecendo o alcance dos efectos destrutivos do seu acto”.

A utilización desas trampas provocou “a morte por envelenamento de 23 corvos, cuxos corpos apareceron concentrados arredor dos puntos en que estaban os engados envelenados, e outros cinco exemplares” que estaban “agonizantes, espallados nun raio de 15 a 20 metros do terreo”.

A Fiscalía sostén que eses feitos son constitutivos dun delito relativo á protección da flora e da fauna e pide para o acusado un ano e seis meses de prisión. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies