EFEverde en Galego

Mariscadores deixan de ocupar Concello de Ferrol tras reunión con alcalde

  • Para buscar solucións aos seus problemas.

Mariscadores deixan de ocupar Concello de Ferrol tras reunión con alcalde Un grupo de mariscadores da ría de Ferrol reuníronse co alcalde, José Manuel Rey. EFE/Kiko Delgado

EFEverde.- Un grupo de mariscadores da ría de Ferrol sen carné, voceiros dun colectivo que representa de setenta a oitenta traballadores que faenan na zona do Couto, deixaron de ocupar hoxe o Concello de Ferrol tras reunirse co alcalde, José Manuel Rey, e exporlle as súas reclamacións.

O grupo acomodouse esta mañá nas escaleiras do Consistorio, na praza de Armas, coa intención de encerrarse se non logra o seu obxectivo de falar co alcalde, que accedeu a reunirse para escoitar os seus problemas.

Como xa fixeron en varias ocasións nos últimos meses con distintas accións e protestas, os mariscadores furtivos da ría ferrolá volveron pedirlle ao rexedor a súa mediación ante a Xunta para buscar solucións aos seus problemas.

Un dos integrantes do grupo, Amador Vázquez, sinalou que os mariscadores que faenan sen carné fano “por obriga, non por gusto” e reclamaron á Consellaría de Mar que lles conceda novos permisos para faenar a pé nos pósitos de Ferrol e Fene e a regularización da súa situación.

Tras a reunión, os furtivos saíron do Concello aínda que anunciaron que regresarán a semana próxima, dixo Vázquez a Efe.

O alcalde convidounos a estudar as súas reclamacións e nun prazo de sete días darlles unha resposta, comentou.

“Se non é o mar, pois que sexa noutra cousa pero que sexa un traballo”, comentou un destes mariscadores sen permiso. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies