EFEverde en Galego

A marea vermella chega á ría de Arousa

  • Nestes momentos permanecen abertos 22 polígonos.

A marea vermella chega á ría de Arousa Fotografía de arquivo dunha batea. EFE

EFEverde.-  A denominada marea vermella, provocada pola extensión da toxina amnésica, xa chegou á ría de Arousa, o que provocou o peche de cinco polígonos de bateas no Grove, un de ostra e catro de mexillón, decretado polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar).

Nestes momentos permanecen abertos 22 polígonos, 20 na ría de Arousa e os dous restantes, en Ares-Betanzos.

O resto de polígonos bateeiros nas rías de Pontevedra, Vigo, Muros-Noia, Baiona e Corme-Laxe, así como 14 zonas de extracción de infaunais, entre as que figuran unha en Ares-Betanzos e outra en Corcubión, pecharon polo aumento da toxina amnésica.

O sector do mar aínda se está a recuperar dos efectos da anterior marea vermella e da mortaldade do marisco, que provocou uns pésimos resultados da campaña de libre marisqueo. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies