Mañá, nova xornada de inestabilidade atmosférica Santiago de

EFEverde en Galego

Mañá, nova xornada de inestabilidade atmosférica Santiago de

Mañá, nova xornada de inestabilidade atmosférica Santiago de

Compostela (EFEverde en Galego) MeteoGalicia predí para mañá unha nova xornada de inestabilidade atmosférica, con ceos alternando nubes e claros e chuvascos tormentosos, máis probables á tarde.

As temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos, mentres que as máximas experimentarán ascensos, acadando valores suaves, mentres que os ventos soprarán frouxos de compoñente sur, con intervalos de moderado no litoral atlántico.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 11° 18°, Ferrol 12° 18°, Lugo 8° 16°, Ourense 9° 18°, Pontevedra 9° 17°, Santiago de Compostela 8° 16° e Vigo 9° 16°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento variable, forza 1 a 3 de mañá e de tarde e 1 a 2 á noite. Mar ovellado de mañá e de tarde e mar rizado á noite. Visibilidade boa de mañá e de noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0,5 a 1,5 metros.

Ferrol-Bares: Vento do sur de mañá e do sudoeste á tarde e noite, forza 3 a 4 de mañá, 2 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía de mañá e á tarde e maraxe á noite. Visibilidade boa de mañá e de noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Ártabro: Vento do sur de mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 2 a 3. Maraxe. Visibilidade boa de mañá e de noite e regular á tarde. Mar de fondo do oeste, con ondas de 1,5 a 2,5 metros de mañá e 1 a 2 á tarde e noite.

Costa da Morte: Vento do sur de mañá e do sudoeste á tarde e noite, forza 4 a 5 de mañá, 3 a 4 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía de mañá, marusía á tarde e maraxe á noite. Visibilidade boa de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2,5 a 3,5 metros de mañá, 2 a 3 á tarde e 1,5 a 2,5 á noite.

Rías Baixas: Vento do sur de mañá e do sudoeste á tarde e noite. Forte marusía de mañá, marusía á tarde e maraxe á noite. Visibilidade boa de mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do oeste, con ondas de 2,5 a 3,5 metros de mañá, 2 a 3 á tarde e 1,5 a 2,5 á noite. EFEverde en Galego

jl




Secciones:            
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com