EFEverde en Galego.-

Mañá, ceos nubrados con posibilidade de chuvascos illados

Mañá, ceos nubrados con posibilidade de chuvascos illados

Santiago de Compostela (EFEverde en Galego).- MeteoGalicia predí para mañá ceos nubrados, con posibilidade de chuvascos illados, nunha situación meteorolóxica inestable a causa da influencia de borrascas pouco profundas con aire frío en altura.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas permanecerán sen cambios significativos.

Os ventos soprarán frouxos de compoñente norte no litoral, mantendo pola contra o compoñente sur no interior. Á noite serán frouxos de compoñente sur en toda a Comunidade, aumentando a moderados no litoral atlántico co avance da noite.

As temperaturas nas principais localidades serán as seguintes:

A Coruña 9° 13°, Ferrol 7° 14°, Lugo 4° 13°, Ourense 5° 17°, Pontevedra 7° 16°, Santiago de Compostela 5° 13° e Vigo 7° 15°.

Predición marítima:

Costa Cantábrica: Vento do nordeste de mañá e de tarde e variable á noite, forza 3 a 4 de mañá e 2 a 3 á tarde e noite. Marusía de mañá e maraxe á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2 a 3 metros de mañá e de tarde e 1 a 2 á noite.

Ferrol-Bares: Vento do nordeste de mañá, norte á tarde e variable á noite, forza 3 a 4 de mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Marusía de mañá e maraxe á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 3,5 metros de mañá e á tarde e 2 a 3 á noite.

Ártabro: Vento do nordeste de mañá, do norte á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3. Maraxe. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2,5 a 3,5 metros de mañá e de tarde e de 2 a 3 á noite.

Costa da Morte: Vento do nordeste de mañá, do norte á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 de mañá, 2 a 3 á tarde e 3 a 5 á noite. Marusía de mañá, maraxe á tarde e forte marusía á noite. Visibilidade regular de mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 3,5 metros de mañá e á tarde e 2 a 3 á noite.

Rías Baixas: Vento do nordeste de mañá, variable á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 de mañá e de tarde e 3 a 5 á noite. Maraxe de mañá e á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular de mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste con ondas de 2,5 a 3,5 metros de mañá e á tarde e 2 a 3 á noite. EFEverde en Galego

jl




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies