EFEverde en Galego

Máis dun milleiro de estudantes participan na Semana da Ciencia

  • Tendendo pontes entre ciencia, tecnoloxía e sociedade.

Máis dun milleiro de estudantes participan na Semana da Ciencia Fotografía de arquivo duns pupitres. EFE/Besteiros

EFEverde.- Máis dun milleiro de estudantes de ensinanzas medias de toda Galicia participarán ata o venres na Semana da Ciencia da Universidade de Vigo.

Este acontecemento permitirá que a ETSE de Enxeñaría de Minas do campus abra os seus espazos de docencia e investigación aos mozos en idade de decidir o seu futuro, tendendo pontes entre ciencia, tecnoloxía e sociedade.

O director da ETSE de Minas, Benito Vázquez, e o reitor da universidade, Salustiano Mato, deron a benvida ao primeiro grupo de alumnos que participará nestas cinco xornadas en que se dá prioridade por primeira vez ao alumnado de 4º de ESO, que conforma a metade dos participantes.

Responsables da universidade levan máis dun mes preparando as actividades que se desenvolverán nesta Semana da Ciencia, que recibirá máis de 220 alumnos por día, co obxectivo de que “os mozos saian cunha visión máis realista das investigacións que levamos a cabo na ETSE”, segundo concretou o director.

Visitas guiadas

Para iso, está prevista a realización de visitas guiadas que comezarán coa toma activa de imaxes nunha cámara termográfica para que os participantes realicen pequenos experimentos e midan, por exemplo, a súa temperatura corporal.

Ademais, realizaranse demostracións de manexo simulado de explosivos ou de fracturas de pedras, así como de levantamentos tridimensionais dunha parte dun edificio ou láser 3D para a análise de pontes ou monumentos.

Estas actividades buscan a participación activa dos visitantes e compleméntanse con medios audiovisuais deseñados a medida, fotografías, vídeos e textos de fácil lectura.

Ademais, este ano desenvolveuse unha aplicación móbil gratuíta que pon de manifesto, a través dun xogo, a importancia dos recursos naturais. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies