EFEVERDE EN GALEGO

Máis de 130 alumnos galegos participan hoxe nas Olimpíadas de Química

A Coruña(EFE).- Un total de 137 alumnos de 35 centros educativos de Galicia participan hoxe na Coruña, Lugo, Santiago, Ourense e Vigo nas probas das XXXI Olimpíadas Galegas de Química.

 

As probas, que comezarán ás 16:30 horas, foron organizadas pola Asociación de Químicos de Galicia (ANQUE) e o Colexio Oficial de Químicos de Galicia, e na Coruña celebraranse na Facultade de Ciencias, coa asistencia de 31 alumnos de nove centros educativos da cidade.

Os alumnos pertencen ao IES Punta Candieira, San Juan Bosco Salesianos, Colexio Internacional Eirís, Colexio Santa María do Mar, Colexio Obradoiro, IES David Juan, IES de Sabón, IES Universidade Laboral e FESD Dominicanos, informa a organización nun comunicado.

As cinco cidades galegas acollen simultaneamente as probas das XXXI Olimpíadas Galegas de Química 2014, dirixidas a alumnos de bacharelato dos centros educativos da comunidade galega.

Un tribunal único para todas as demarcacións universitarias avaliará os exercicios e proclamará os vencedores, e os alumnos clasificados nos tres primeiros postos por cada un dos distritos (A Coruña, Santiago e Vigo) recibirán un diploma acreditativo.

Os resultados das probas coñeceranse nos primeiros días do mes de abril e os tres primeiros clasificados galegos participarán nas XXVII Olimpíadas Nacionais de Química, que se celebrarán na cidade de Oviedo os días 25, 26 e 27 de abril. EFEverde en Galego

elr/flh

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies