Efeverde en Galego

O lume de Entrimo (Ourense) arrasa 2.500 hectáreas e segue preto de casas

  • Segue decretada a situación 2, como medida preventiva, pola proximidade das chamas

O lume de Entrimo (Ourense) arrasa 2.500 hectáreas e segue preto de casas Fotografía das chamas do incendio forestal na localidade ourensá de Entrimo. EFE/Brais Lorenzo

Efeverde.- O incendio forestal orixinado en Entrimo (Ourense) arrasou 2.500 hectáreas e segue decretada a situación dúas, como medida preventiva, pola proximidade das chamas que se iniciaron na parroquia da Illa ás vivendas, informou a Consellería do Medio Rural no último parte oficial.

Este lume comezou o pasado martes ás 18:46 horas e afecta o municipio lindeiro de Lobios. No seu control traballan doce axentes, 39 brigadas, 24 motobombas, dúas pas, oito helicópteros e tres avións. Tamén efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais.

No veciño Monterrei, na mesma provincia, permanece declarada, igualmente, a situación dúas como medida preventiva, na parroquia de Vences.

O incendio iniciouse ás 13:56 de onte e quedou estabilizado ás 7:22 desta mañá, con danos en 238 hectáreas.

No seu control traballan dous técnicos, seis axentes, 18 brigadas, dez motobombas, unha pa, catro helicópteros e outros tantos avións. Tamén efectivos de Protección Civil e bombeiros comarcais.

En Oímbra, na parroquia de Bousés, segue tamén activo o lume que empezou o pasado martes cinco minutos despois das dúas da tarde e que afecta a unha superficie de 1.500 hectáreas.

Nos labores de extinción participan tres técnicos, vinte axentes, 48 brigadas, 17 motobombas, tres pas, dez helicópteros e catro avións, ademais de efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), medios da Deputación de Ourense, bombeiros municipais e efectivos de Protección Civil.

Xa na provincia de Lugo, desactivouse a situación dúas no incendio rexistrado onte á noite, ás 21:08, no concello de Navia de Suarna, no lugar de Rao, un lume que segue activo e que en base a cálculos oficiosos afectou a 90 hectáreas.

No lugar traballan un técnico, sete axentes, 16 brigadas, once motobombas e unha pa, á parte de efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies