Efeverde en Galego

O lume de Entrimo (Ourense) é o único activo e segue próximo a vivendas

O lume de Entrimo (Ourense) é o único activo e segue próximo a vivendas Un hidroavión realiza labores de extinción no incendio forestal de Entrimo. EFE/Brais Lorenzo

Efeverde.- O incendio forestal de Entrimo (Ourense), que arrasou 2.800 hectáreas, delas 700 arboredos, é o único de importancia activo nesta xornada en Galicia e sobre el pesa aínda a "situación dúas", como medida preventiva, por proximidade aos núcleos de poboación, sinalou a Consellería do Medio Rural.

Ourense

Este lume orixinouse o pasado martes ás 18:46 horas na parroquia da Illa e no seu control traballan un técnico, 36 axentes, 90 brigadas, 47 motobombas, dúas pas, dez helicópteros, catro avións, efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e bombeiros comarcais.

Nesta provincia, o lume do concello de Oímbra, parroquia de Bousés, que comezou o martes ás 14:05 horas, está controlado desde as 00:20 horas.

Segundo as últimas estimacións, afecta a unha superficie de 2.035 hectáreas, das cales 50 son de arboledo. Nos labores de apagado participan 3 técnicos, 22 axentes, 58 brigadas, 19 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), medios da Deputación de Ourense, bombeiros municipais e efectivos de Protección Civil.

En Lobeira quedou controlado ás 03:45 horas desta madrugada o lume iniciado ás 7:00 horas de onte no concello de Lobeira, parroquia do Bosque. En base ás últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas, das cales 7 son arborizadas. No lugar están a traballar 5 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

Así mesmo, permanece controlado desde as 13:10 horas de onte o outro incendio de Lobeira, na mesma parroquia, que comezaba na madrugada do mércores ás 00:00 horas. Polas últimas estimacións, a superficie afectada é de 75 hectáreas, das cales 19 son arborizadas. Participan na súa extinción 7 axentes, 19 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

En Monterrei quedou controlado ás 00:05 horas o lume xurdido na parroquia de Vences, iniciado ás 13:56 horas de onte. Segundo as novas estimacións, a superficie afectada é de 300 hectáreas, das cales 250 son arborizadas. No seu control traballan 2 técnicos, 11 axentes, 26 brigadas, 13 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e bombeiros comarcais.

Así mesmo, está baixo control en Chandrexa de Queixa, desde as 21:13 horas de onte o lume que se iniciaba no mesmo día ás 17:39 horas neste concello ourensán, na parroquia de Queixa. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 38 hectáreas, pero ningunha de arboledo.

Na súa extinción traballan 1 técnico, 3 axentes, 12 brigadas, 2 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 3 avións.

En Boborás, desde as 17:03 horas de onte está controlado o lume rexistrado no concello, na parroquias de Brués e Xurenzás, tras comezar ás 16:44 horas do mércores. Segundo as últimas estimacións, sitúase nas 600 hectáreas, das cales 285 son de arboledo. No seu control están 40 axentes, 92 brigadas, 58 motobombas, 4 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Tamén colaboran efectivos de Protección Civil e de Grupos de Emerxencia Supramunicipais.

O lume rexistrado no concello de Muíños, parroquia de Requiás, declarouse ás 06:45 horas do martes e quedou controlado ás 19:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de máis de 800 hectáreas (50 de arboledo), todas elas dentro do Parque Natural do Xurés.

No seu control traballaron 2 técnicos, 9 axentes, 38 brigadas, 8 motobombas, 3 pas, 10 helicópteros e 7 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME), de Protección Civil e Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

Tamén quedou controlado ás 9:05 horas desta mañá o lume rexistrado en leste mesmo concello, parroquia de Parada de Ventosa, tras iniciarse ás 18:00 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 67 hectáreas, das cales 25 son arborizadas. Operan no seu control 6 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas e 1 helicóptero.

Ademais, terminou extinguido ás 20:10 horas de onte o lume que comezaba no concello do Carballiño, parroquia de Lobás, o martes ás 22:18 horas. A última estimación de superficie afectada é de 40,8 hectáreas, das cales 38 son arborizadas.

Na súa extinción participaron 7 axentes, 14 brigadas e 12 motobombas.

Lugo

Xa na provincia de Lugo, o incendio iniciado onte ás 21:08 horas no concello de Navia de Suarna, parroquia de Rao, está controlado desde as 14:55 horas de onte.

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 55 hectáreas, das cales só 15 son de monte arborizado. No lugar están un técnico, 9 axentes, 34 brigadas, 21 motobombas, 1 pa e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais.

E continúa controlado desde as 06:11 horas do luns o incendio rexistrado na localidade lucense de Chantada, parroquia de Requeixo, que se iniciaba o domingo ás 15:04 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 106,44 hectáreas, das cales 49,14 son arborizadas.

Traballan na súa extinción 1 técnico, 12 axentes, 50 brigadas, 21 motobombas, 4 pas, 13 helicópteros e 3 avións. Efeverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies