EFEverde en Galego

Louzán e Lores acordan trámites para unha planta de compostaxe provincial

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, asinaron hoxe un protocolo de colaboración para que empecen os trámites para a posta en marcha dunha planta de compostaxe provincial.

O acordo implica que tanto Pontevedra como os 20 municipios adheridos ao servizo provincial de recollida do lixo destinen os seus residuos sólidos a esta planta, coa que se pretende ir avanzando cara ao obxectivo do 25% establecido pola normativa europea para 2020.

Louzán dixo que o acordo “é un camiño que non ten volta atrás” que permitirá “a curto e medio prazo” a mellora da calidade ambiental.

Lores sinalou que o proxecto “nace con bo pé” e destacou que ademais de Deputación e Concello, hai un acordo entre “comunidades de montes, veciños e asociacións ecoloxistas” para impulsar a iniciativa, que está aínda nunha fase inicial en que o ente provincial se encargará de empezar os estudos de viabilidade para que a instalación teña “todas as garantías técnicas, económicas e ambientais”.

Non están determinadas de momento que capacidade terá a planta, a tecnoloxía que usará ou o investimento, nin tampouco os terreos en que se situará, tarefa esta última que tratará o concello. EFEverde




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com