Aparece un pequeno lobo mariño en Bens (A Coruña)

EFEverde en Galego

Aparece un pequeno lobo mariño en Bens (A Coruña)

Aparece un pequeno lobo mariño en Bens (A Coruña) Fotografía de arquivo dun lobo mariño. EFE

EFEverde.- Un pequeno lobo mariño gris apareceu hoxe na praia coruñesa de Bens, con vida, polo que recibirá atención na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

O Concello da Coruña informa, a través dun comunicado, de que este pequeno mamífero foi achado no areal e atópase vivo, polo que recibirá atención inmediata.

Esta correrá a cargo de CEMMA, que acollerá ao animal e proporcionaralle os coidados necesarios.

Causou gran expectación este achado, con numerosos curiosos que quixeron observar a unha especie que de cando en cando se ve no litoral galego. EFEverde

 

 




Secciones:        
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com