EFEverde en Galego

Juárez comproba as obras de reparación de danos por temporais en Cangas

Juárez comproba as obras de reparación de danos por temporais en Cangas

Vigo(EFEverde en Galego).- O delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, visitou nesta mañá as obras de reparación dos danos causados polos temporais na praia de Vilariño no Concello de Cangas, que consistirán na execución dun dique de protección para conter o camiño paralelo á praia cun orzamento próximo aos 40.000 euros.

O delegado do Goberno, Samuel Juárez, acompañado polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, e o alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, explicou durante a súa visita que esta obra se suma a outras moitas actuacións aprobadas polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Ambiente nos municipios costeiros afectados polos temporais en Pontevedra e ás que se destinan 1,5 millóns de euros.

Así, lembrou que o Ministerio ten activo desde o pasado mes de febreiro un completo plan que implica a mellora de diversos espazos do dominio público marítimo-terrestre e de infraestruturas costeiras co obxecto de poder garantir “un uso público seguro e sustentable” deles durante a tempada estival.

En concreto, as actuacións no litoral afectado de Galicia supoñen un investimento de 7 millóns de euros por parte do Ministerio e distribúense en máis de medio centenar de municipios das tres provincias costeiras. EFE

irc/am

 




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies