EFEVERDE EN GALEGO

Investigadores de Vigo lideran estudo sobre ecosistema de sardiña e xarda

Vigo, 7 mar. (EFEverde).- Dous investigadores do centro vigués do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Pablo Lozano e Isabel Riveiro, liderarán a campaña "Pelacus" de estudo do ecosistema peláxico da sardiña e a xarda en augas do noroeste peninsular.

Os principais obxectivos desta campaña, cuxa primeira edición se remonta  a 1983, é avaliar a abundancia e distribución das poboacións de sardiña, lirio ou xarda, entre outras especies peláxicas, así como coñecer as principais características do medio mariño en que habitan, informa unha nota do IEO.
Para iso empregarase o método acústico de ecointegración, que permitirá rexistrar todos os bancos de peixes atopados, e tamén se tomarán datos de temperatura, salinidade, número de ovos e cantidade de clorofila, ademais de observar mamíferos e aves mariñas.
Alén diso, nesta campaña multidisciplinar realizaranse até 125 estacións de hidrografía en que se tomarán mostras de auga e plancto a diferentes profundidades, para crear un mapa en tres dimensións en que destacarán as principais características fisicoquímicas e biolóxicas da zona de estudo.
Ao final realizaranse unha media de 50 lances de pesca peláxica para determinar a estrutura en tamaños e idades de diferentes especies, dieta alimenticia así como o seu desenvolvemento gonadal nunha fase chave como a época de posta.
Nesta campaña participarán científicos dos centros oceanográficos de Vigo, A Coruña, Xixón, Santander, Palma e Cádiz.
Ao longo da expedición, que comezará neste domingo en Vigo e finalizará en Santander no día 8 de abril, faranse prospeccións nunhas 1.200 millas náuticas, entre os 30 e os 1.000 metros de profundidade. EFEverde en Galego
ma/jmr/flh




Secciones:            
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies