EFEverde en Galego

Inundacións en Burela tras precipitación de 129 litros de auga

  • En 35 minutos.

Inundacións en Burela tras precipitación de 129 litros de auga EFEverde

A localidade lucense de Burela rexistrou onte inundacións debido a precipitacións de 129 litros de auga por metro cadrado nuns 35 minutos, informou  o alcalde de Burela, José María González Barcia.

Aparcadoiros subterráneos e locais de planta baixa resultaron afectados pola auga, así como zonas da vía pública en que se rexistrou saturación da rede de sumidoiros, xa que a tromba de auga ergueu varias tapas de rexistro.

González Barcia confirmoulles aos medios de comunicación que efectivos de Protección Civil e operarios da empresa do servizo de limpeza de rúas trataron de repor a situación nas últimas horas.

O rexedor explicou que, ademais das tarefas de limpeza, o Concello fará obras para arranxar os desperfectos da tromba de auga nalgunhas vías públicas e na rede de saneamento, polo que os técnicos municipais xa están redactando un informe para remitirllo a Augas de Galicia, dependente da Xunta.

González Barcia sinalou que a estación meteorolóxica do instituto de ensino secundario Monte Castelo rexistrou a cifra de 129 litros de auga por metro cadrado entre as 15:10 e as 15:45 horas de onte.

As zonas máis afectadas do municipio foron o porto e o barrio do Perdouro. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies