EFEverde en Galego

Iniciativa veciñal de recollida selectiva de lixo “porta a porta”

  • Comezará a probarse en decembro.

Iniciativa veciñal de recollida selectiva de lixo Cubos de lixo. EFE

EFEverde.- O Concello coruñés de San Sadurniño prepárase para poñer en marcha en poucos días un sistema alternativo para a recollida 'porta a porta' dos residuos inertes, mentres que os orgánicos reempregaranse para a compostaxe caseira.

Con este programa experimental, explicou hoxe Adega, o Consistorio que goberna Secundino García (BNG) quere probar a eficacia dun sistema que suporía un aforro económico e ambiental “fronte ao modelo caduco de incineración de Sogama”, ademais de facilitar a xestión do lixo para os veciños, indicaron as mesmas fontes.

Comezará a probarse en decembro en 18 núcleos da parroquia de Ferreira e Naraío e Igrexafeita que aglutinan 150 veciños, que están convocados a unha reunión este xoves ás 17:00 no local social de Seara para explicarlles os detalles do programa de recollida que irá, casa por casa, por medio centenar de vivendas unifamiliares que xa se sumaron ao proxecto piloto.

A cada vivenda, expón a entidade ecoloxista, facilitaranlle un colector para os residuos inorgánicos e outro, se o necesitan, para depositar os orgánicos.

O servizo levará as latas, bricks e plásticos, mentres que os veciños serán os que aprendan a autoxestionar o seu lixo orgánico (restos de comidas, de podas…) con novos usos como alimentar o gando ou producir esterco, recuperando antigas tradicións.

Con isto, explican os ecoloxistas, propóñense reducir nun 50 % a cantidade de residuos que envían a Sogama, aforrando custos en transporte e tratamento, que actualmente son de 80 euros por tonelada. EFEverde




Secciones:        
Redacción EFEverde
Un equipo de periodistas especializados en periodismo e información ambiental de la Agencia EFE www.efeverde.com y www.efefuturo.com

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies